Conclusións

PATORREB 2012 celebrado con éxito.

A Comisión Organizadora do 4ºCongreso de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios PATORREB 2012, desexa expresar o seu máis sincero agradecemento a todos aqueles que, dunha ou outra forma, fixeron posible a súa celebración: congresistas, relatores, invitados, colaboradores, patrocinadores e apoios, pola súa presenza e interese e por todas as mostras de apoio recibidos, formando así parte deste exitoso encontro entre profesionais, nacionais e estranxeiros, do que desexamos todos sacasen o mellor proveito.

Comprácenos compartir as doce conclusións do congreso que, dende a Comisión Organizadora, redactamos, como síntese e reflexo dos coñecementos compartidos durante estes tres días de comunicación, análise e reflexión.

Conclusións

Resultado deste traballo son os 185 relatorios realizados por expertos e estudantes e os 3 días de debate entre máis de 500 congresistas que se reúnen no libro de actas.
Para todos aqueles que non puideron asistir ao congreso, e queiran mercalo, poden encontrar máis información aquí

Así mesmo, aproveitamos a ocasión para animarvos a compartir co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia calquera suxestión, observación, ou idea que poida enriquecer esta experiencia, xa que as túas achegas forman parte tamén deste congreso e servirannos de cara a futuras edicións e...

Esperamos a vosa participación no 5° Congreso de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios PATORREB 2015, en Porto.

Moitas grazas a todos.

A comisión organizadora.