Patrocinios

BASF Construction Chemicals España, S.L. Asociación Club DIR
Grupo Desarrolla INQUGASA Pinturas

PRESENTACIÓN

Durante os meses de marzo dos anos 2003, 2006 e 2009 tiveron lugar na Facultade de Enxeñaría da Universidade de Porto, o 1er, 2º e 3er Congresos de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios - PATORREB - que reuniron máis de 600 participantes entre profesores, investigadores, estudantes, construtores, proxectistas, enxeneiros e outros profesionais.

Constatado o éxito e interese espertado polas anteriores convocatorias, e continuando a liña de impulso á divulgación e sistematización do coñecemento destes temas, nace o 4º Congreso de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios: PATORREB 2012, que espera reunir, na ciudade de Santiago de Compostela, a máis de 1000 congresistas.

A organización dun congreso internacional desta envergadura presupón a mobilización de importantes recursos financeiros que superan de sobra os ingresos pola inscrición dos participantes. O patrocinio do congreso por parte de institucións e empresas de recoñecido prestixio, que desenvolvan a súa actividade en áreas relacionadas coa arquitectura, o urbanismo, os materiais de construción e a rehabilitación edilicia e urbana, é por iso imprescindible.

TIPOS DE COLABORACIÓN

En todas as modalidades de patrocinio será indispensable a aprobación do obxecto da empresa e a súa documentación, por parte da comisión organizadora.

PATROCINIO: STAND

O aluguer do posto para a exposición técnica terá un custo de 4.000 € IVE incluído.

A achega inclúe:

  • Posto modular na exposición comercial, de 6 m2 (3 x 2), estrutura en perfil de aluminio, paredes de melamina, rotulación a unha cor, moqueta feiral e instalación eléctrica de 15 Amp (mobiliario non incluído), onde os interesados poderán proceder á divulgación pública dos seus produtos, servizos e actividades.
  • Inclusión do logotipo da empresa na documentación do congreso e na páxina web.
  • 4 inscricións completas ao congreso para o persoal da empresa.

PATROCINIO: CHARLAS TÉCNICAS

A impartición de charlas técnicas no congreso, por parte dos técnicos da empresa, terá un custo de 2.000 € IVE incluído.

A achega inclúe:

  • Inclusión do logotipo da empresa na documentación do congreso e na páxina web.
  • 2 inscricións completas ao congreso para o persoal da empresa

PATROCINIO: COMIDAS

O patrocinio dunha das 3 comidas do congreso terá un custo de 2.000 € IVE incluído.

A achega inclúe:

  • Inclusión do logotipo da empresa na documentación do congreso e na páxina web.
  • Colocación de documentación facilitada pola empresa nas mesas auxiliares das comidas.

PATROCINIO: PAUSAS-CAFÉ

O patrocinio dunha das 6 pausas para café do congreso terá un custo de 1.000 € IVE incluído.

A achega inclúe:

  • Inclusión do logotipo da empresa na documentación do congreso e na páxina web.
  • Colocación de documentación facilitada pola empresa nas mesas auxiliares das pausas de café.

PATROCINIO: DOCUMENTACIÓN

A inclusión de publicidade na carteira do congreso terá un custo de 1000 € IVE incluído.

A empresa farase cargo da subministración de copias abondo do material promocional a incluír; este terá un formato non maior que un DIN-A4 (21 x 29.7 cm).

A achega inclúe:

  • Inclusión de folleto da empresa colaboradora na carteira de documentación.
  • Inclusión do logotipo da empresa na documentación do congreso e na páxina web.

PRAZOS E MODOS DE PAGAMENTO

A solicitude de reserva de patrocinio realizarase á secretaría do congreso a través de correo electrónico () no que se incluirán o obxecto e os datos do patrocinador así como a documentación propia que se desexa achegar. Unha vez que a organización aproba o patrocinio, deberá aboarse o seu importe segundo os prazos que se detallan a continuación.

1º pagamento .......... 50% ao aprobarse o patrocinio
2º pagamento .......... 50% en febreiro de 2012

Se transcorrido un período de 30 días da data de aprobación do patrocinio non se ten constancia do pagamento, a organización liberará o devandito espazo/patrocinio podendo pasar a disposición doutra empresa.

Nota Stands:

Asignación de espazos. Os espazos de exposición comercial asignaranse por estrita orde de solicitude e recepción do xustificante de pagamento correspondente.

Normas de montaxe. Comunicarase vía correo electrónico os días previos ao inicio do Congreso. A Organización non se fará responsable de calquera dano ocasionado nos materiais ou maquinaria empregada durante o evento, sendo esta, responsabilidade exclusiva do expositor. O expositor, pola súa banda, responsabilizarase dos danos a terceiros incorridos en consecuencia da súa actuación na exposición.