Apoios

Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España Universidade de Santiago de Copostela Fundación para la Investigación y Difusión de la Arquitectura, Sevilla
Universidad Europea de Madrid PROY3CTA. Centro Superior de Edificación, Arquitectura e Ingeniería.
Escuela de Arquitectura e Ingeniería de Edificación. Universidad Politécnica de Cartagena Asociación de Reparación, Refuerzo y Protección del Hormigón Escuela de Arquitectura de La Salle
Escuela técnica superior de Arquitectura de Madrid Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña Universidad Politécnica de Madrid Concello de Santiago
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Universitat Politècnica de Catalunya

PRESENTACIÓN

Durante os meses de marzo dos anos 2003, 2006 e 2009 tiveron lugar na Facultade de Enxeñaría da Universidade de Porto, o 1º, 2º e 3º Congresos de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios - PATORREB - que reuniron máis de 600 participantes entre profesores, investigadores, estudantes, construtores, proxectistas, enxeneiros e outros profesionais.

Constatado o éxito e interese espertado polas anteriores convocatorias, e continuando a liña de impulso á divulgación e sistematización do coñecemento destes temas, nace o 4º Congreso de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios: PATORREB 2012, que espera reunir, na ciudade de Santiago de Compostela, a máis de 1000 congresistas.

ACORDO

A organización dun congreso desta dimensión presupón a mobilización de importantes apoios para o seu divulgación.

A modalidade de apoios do PATORREB 2012 supón unha contribución específica no apartado de difusión do evento por medio das canles habituais de comunicación cos seus traballadores, colexiados, estudantes, etc.

Neste contexto solicitamos apoio para a divulgación en dous momentos distintos:

  1. Divulgación do segundo anuncio (período comprendido septembro/decembro do 2011)
  2. Divulgación do programa final (período comprendido entre xaneiro/marzo do 2012)

A aportación inclúe:

  • Inclusión do logotipo na documentación do congreso e na página web.
  • 1 inscripción completa ao congreso para o personal da entidade.

O  material necesario para a divulgación do evento, en soporte físico ou dixital, será entregado pola organización do evento.

A solicitude de reserva de apoios realizarase á secretaría do congreso a través de correo electrónico ( ) no que se incluirán o obxecto e os datos do patrocinador así como a documentación propia que se desexa achegar.